Iniciamos o curso co programa de parellas lectoras en 4º e 6º. Esta semana comezaron cunha lectura sobre as abellas. Primeiramente lembraron a técnica empregada e despois puxéronse a traballar. Ao final resultou unha sesión moi interesante coa que compartiron un tempo de lectura moi agradable. Proximamente comezaremos nas clases de 3º e 5º!